Saturday 20 de April de 2024

O Concello organiza este venres “Noites no Mirador. Ruta nocturna ao Monte de Ancos”


A inscrición na actividade, con participación gratuíta, está aberta ata o xoves, chamando ao teléfono 981 39 02 33 en horario de 9 a 14 horas

O Concello de Neda organiza este venres 5 de agosto “Noites no Mirador. Ruta nocturna ao Monte de Ancos”. Unha ruta guiada con algunha que outra sorpresa polo camiño que concluirá coa actuación de Os Carunchos e unha chocolatada con bola. Partirá ás 22:15 horas do Albergue de Peregrinos, e as persoas interesadas en tomar parte deben reservar a súa praza, do 2 ó 4 de agosto (ou ata completar aforo), chamando ó 981 39 02 33 de 9 a 14 horas.

A ruta está pensada para nenos e maiores, aínda que os primeiros deben ir acompañados dunha persoa adulta, e é obrigatorio levar unha linterna.

Trátase da segunda edición dunha iniciativa turística coa que o Concello de Neda busca descubrir un dos espazos naturais máis fermosos do municipio e, ao mesmo tempo, fomentar hábitos saudables.